Virxilio Vieitez

A recuperación, descubrimento ou aterraxe na institución museística de Virxilio Vieitez constitúe un dos acontecementos máis chamativos dos últimos tempos. Aos dous anos do seu falecemento inaugúrase a esperada retrospectiva deste fotógrafo —profesional, non artístico—, realizada en coprodución coa Fundación Telefónica. A existencia dun importante arquivo familiar que garda a totalidade da súa produción fíxoa posible. Unha selección comisariada pola italiana Enrica Viganò, especialista en fotografía. Posteriormente a mostra trasladaríase á sede da Fundación Telefónica en Madrid con grande éxito.

Gráfica expositiva que comprende convite, folla voandeira, sinalética externa —colocouse unha gran lona na fachada— e interna, onde, ademais das pezas convencionais, configurouse graficamente unha sala en que se repasaba a súa biografía. marco, museo de arte contemporánea de vigo