O Mar. Bolsas de creación fotográfica
Axudas á creación convocadas en tres edicións entre 2009 e 2011. O obxectivo deste concurso era ofrecerlles a autores novos, menores de 35 anos, a posibilidade de realizaren un proxecto fotográfico propio relativo ao mar galego en calquera das súas circunstancias. O autor, ademais de recibir a axuda económica, sería obxecto dunha exposición no Museo do Mar de Galicia, coordinada polo Centro de Estudos Fotográficos. Unha vez expostas, as fotografías pasaban a formar parte da Colección Fotográfica do museo que, en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, editaba un libro como catálogo da mostra, dentro da colección Do Trinque.
Anagrama do proxecto e aplicacións como folletos ou cartaces, tanto das bases como das mostras individuais dos galardoados.
pxc / van