La representación como puesta en escena. Para una teoría de la mirada.

Carme Nogueira

A tese da artista e investigadora, presentada en 1999, analiza o papel do espectador na arte contemporánea baixo a perspectiva da teoría da recepción. Comeza coas orixes da fotografía e co seu diálogo coa representación pictórica para chegar á definición dunha arte posthistórica. O estudo remata analizando catro obras paradigmáticas: Cinema de Dan Graham; Mimic de Jeff Wall, Thank you thighmaster de Inez van Lamsweerde e Simple men de Hal Hartley.

Tese de doutoramento con tapa dura, con tea e interior de máis de 300 páxinas. Máis adiante, a Institución Alfons el Magnànim da Diputación de Valencia publicaría unha versión reducida desta respectando a cuberta e os recursos gráficos. Tamén se editou un folleto despregable con ocasión da lectura da tese, que se acompañou cunha pequena mostra de traballos. carme nogueira