Culturgal 2012.

Feira galega das industrias culturais

O Pazo da Cultura de Pontevedra congrega, na recta final do ano, ás industrias culturais. Xúntanse alí os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un evento anual entre o profesional e o divulgativo.

Gráfica global que comprende a identidade corporativa, diferentes folletos e carteis, material de promoción, merchandising; sinalética urbana, exterior e interna: direccional, stands, lugares comúns, de circulación ou eventos. As ilustracións sobre as que se apoia o grafismo veñen da man de iván r.

agadic