ATTAC. Boletín de novas

ATTAC, Asociación por unha Taxación das Transaccións Financeiras de Apoio á Cidadanía, é un movemento nacido en Francia en xuño de 1998, unha iniciativa internacional cidadá que pretende devolverlles o poder arrebatado polas multinacionais e polos grupos de interese, establecendo mecanismos democráticos de regulación e de control dos mercados e do sistema financeiro internacional.

A sección de Galicia editou durante un tempo uns boletíns informativos das súas actividades, con textos, traducións e artigos de interese. Formato de papel a3 que, ao dobrarse en catro, convertíase nun pequeno xornal de oito páxinas. attac galicia