Vigovisións.

Colección fotográfica do Concello de Vigo

A Fotobienal, cunha primeira edición realizada en 1984, era un certame organizado polo Concello de Vigo e producido e coordinado polo Centro de Estudos Fotográficos. Xa desde 1986 déuselle cabina nel ao proxecto Vigovisións. Consistía en convidar fotógrafos de diferentes países –incluíndo sempre un fotógrafo galego– a traballar en Vigo. Durante 16 anos, a cidade de Vigo contou coa presenza de fotógrafos internacionais que durante eses días transformaban a cidade no seu propio estudio e ensinábannos a mirala e a redescubrila a través dos seus ollos. Unha vez cumprido o período de exposición na Fotobienal, os traballos realizados pasaban a formar parte da Colección Fotográfica do Concello de Vigo, que na actualidade inclúe un total de 625 obras, entre fotografías e instalacións. Esta mostra é unha selección deses fondos, baixo o comisariado de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal.

Allan Sekula, Ana Teresa Ortega, Antoine D’Agata, Anxo Iglesias, Aziz + Cucher, Belén Gómez, Carole Condé / Karl Beveridge, Cristina García Rodero, Daniel Canogar, Gabriele Basilico, Gerardo Suter, Graciela Iturbide, Guy Hersant, Joachim Schmid, Joan Fontcuberta, Joel Sternfeld, John Davies, John Kippin, Jorge Molder, Jorge Rueda, José Manuel Fors, Julian Germain, Karen Knorr, Kenneth Josephson, Koldo Chamorro, Larry Fink, Les Krims, Luis González Palma, Manfred Willmann, Manuel Vilariño, Marco Saroldi, Milagros de la Torre, Olivo Barbieri, Paloma Navares, Paul Den Hollander, Paul Graham, Paul Reas, Pedro Meyer, Pepe Galovart, Ricard Terré, Ron O’Donnell, Ruth Thorne-Thomsen, Sebastião Salgado, Sue Packer, Susan Meiselas, Vari Caramés, Vincenzo Castella, Wilmar Koenig, Wojciech Prazmowski, Xulio Correa, Xurxo Lobato
Deseño e maquetación dun catálogo de gran formato e 328 páxinas. marco, museo de arte contemporánea de vigo