Vigo por dentro
O concello pon ao dispor dos escolares os seus máis importantes recursos: o territorio, a actividade cultural, social e produtiva da cidade. Con este programa, miles de escolares vigueses teñen a posibilidade de realizaren visitas programadas a distintos centros de interese, ao proporcionar o Servizo de Educación transporte gratuíto, monitorización de especialistas e material didáctico específico.
Identidade corporativa do programa, concretado en anagrama, papelería, sinalética e, sobre todo, recursos didácticos: material escolar como esta colección de catro guías e outras unidades auxiliares.
pxc produción e xestión cultural