Terra e mar. Cesteiros na Ría de Vigo

A mostra quere evidenciar a riqueza do oficio reflectindo os seus usos en grandes escenas da vida cotiá. Os obxectos, que onte foron simple reflexo dos seus usos, convértense co paso do tempo en iconas de pretéritas formas de vida e en testemuñas do patrimonio cultural. A exposición propón varias seccións semánticas: os usos dos cestos para labores agrícolas ou gandeiros e o tipo de material, quer vimbio quer madeira.

Gráfica que comprendeu sinalética, folleto e traballo expositivo exhaustivo: cada peza de cestería ía apoiada sobre paneis informativos corporativos. Ademais, editouse unha unha publicación encadernada en rústica con lapelas, de 19×16 cm e 89 páxinas que abeiraba, ademais das fotografías da mostra, textos teóricos. van divulgación cultural