Soporte Sonoro
Durante os días en que transcorreu Culturgal púidose ver a primeira exposición realizada en Galicia sobre a evolución do rexistro sonoro e a historia do soporte musical galego. Un breve recorrido e un primeiro paso co que advertir as institucións verbo da grande importancia que ten o soporte sonoro dentro da historia recente. Exposición comisariada por Ouvirmos e Sinsalaudio. Contou, entre outras pezas, coa cesión dun magnetófono de fío inventado polo galego Portela Seijo e ofreceu a oportunidade única de se achegar aos fondos da colección de Ernesto Romero.
Anagrama e deseño expositivo. Dispuxéronse oito paneis moi angostos, engarzados entre a estrutura de layers —a típica andamiaxe dos escenarios musicais— nos que, de maneira cronolóxica, discorría a información.
pxc produción e xestión cultural