Sinalización do patrimonio histórico de Vigo
Unha serie de sinalética urbana de arredor de 50 pezas. Realizadas en aceiro inoxidable e gravadas en láser, cobran diferentes dimensións e particularidades dependendo do carácter do elemento ao que fan referencia. Desde o monólito exento até a placa adherida á parede. Unha ruta arquitectónica, con información trilingüe. O tratamento tipográfico e compositivo pretende certa intemporalidade e arrédase do invasivo.
van divulgación cultural