Refugios. Carme Nogueira

A Sala Metrònom de Barcelona acolleu a mostra de Carme Nogueira. Unha instalación site-specific na que se reflexionaba sobre os lugares de tránsito como elos de significación. O proxecto Refugios iniciouse no verán do 2005 cunha intervención sobre a zona lindeira á sala Metrònom, un espazo entre a explotación urbanística e o abandono. Un solar contiguo repleto de graffitis e habitualmente utilizado por persoas sen fogar. Alí realizaría unha investigación que, meses máis tarde, exporía os resultados en Metrònom.

O folleto da mostra, de dimensións máis grandes das habituais neste tipo de pezas —un a4 dobrado; a3 despregado—, aludía dalgunha maneira á disposición horizontal dos cartóns que colocou a artista no chan durante a súa acción no soar. galería adhoc