Imaxinasons 6. Festival de Jazz de Vigo
Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.
Dave Douglas Quintet, Romano / Sclavis / Texier, Marcos Pin Factor -e- Reset, Franco D’andrea Quartet, Agustí Fernandez, Baldo Martínez, Ramón Lopez, Monkillos, Franz Koglmann Monoblue Quartet , Atlantic Bridge, Pierre Favre Solo, Lluis Vidal Trio Feat. Dave Douglas & Perico Sambeat, Martial Solal Newdecaband, Roberto Somoza Jazz Orquestra, Arild Andersen Trio, Red Trio & John Butcher, Carlos ’Zingaro’ Solo, Yves Robert Trio, Irene Aranda Quinteto, Marisco Fresco.Gráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural