Imaxinasons 4. Festival de Jazz de Vigo
Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.
Stefano Bollani, Wayne Shorter Quartet, Atomic con Ken Vandermark, Clunia , Enrico Rava Quinteto, Javier Vercher Sextet, Michel Portal, Paco Charlín&the Ultimate Jazz Earth-tet, Barry Guy, Santi Ibarretxe, Lucia Martinez Cuarteto, Markus Stockhausen&Stefano Scodanibbio, Quinteto De Música Intuitiva, Giulia Valle Group, Américo Rodrigues, Antonio Bravo, Simone Guiducci Gramelot Ensemble Special Guest Ralph Alessi, Marcelino Galán, Terela Gradín&Manuel Gutiérrez, Machuca Trío.Gráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural