Imaxinasons 2. Festival de Jazz de Vigo

Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.

Art Ensemble Of Chicago, Banda De Música “Atlántida” de Matamá, Banda-Escola De Música de Beade, Carlo Actis Dato, Carlos López Cuarteto, Carlos Segovia , Cuchús Pimentel&Serafín Carballo, D’3, Dominique Pifarely, Dúo Iberia: Laurent Filipe & Pedro Sarmiento, Emilio Huete, Grupo Abuña, Imaxina Jazz Orquestra, Italian Instabile Orchestra, Javier Constenla, Joan Sanmartí, José María Carlés, Llibert Fortuny Electric Quintet, Lluis Vidal, Louis Sclavis, Lucía Martínez Cuarteto, María Joâo&Mario Laginha coa Orquestra Clássica de Espinho, Michael Riessler Trio, Mr. Dixie Jazz Band, Paolo Angely, Paolo Fresu P.A.F. Trio, Rabih Abou-Khalil Group, Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, Sumrrá, Telegraph Vadis, Tomasz Stanko, Unión Musical de Valadares, Víctor Prieto Trio, Williem Breuker Kollektief.
Gráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural