I Roteiro feminino Sons de mulleres

Unha ruta viguesa polos lugares en que foron protagonistas mulleres que participaron activamente nas conquistas feministas. O percorrido abrangue quince localizacións distribuídas entre espazos como a Praza 8 de Marzo, a Biblioteca Feminista ou a Casa das Mulleres; mulleres vítimas da represión franquista como Urania Mella, Olimpia Valencia ou Rosario Hernández; as pedagogas Concepción Arenal, Ernestina Otero ou Antia Cal; a imprenta de Juan Compañel onde Rosalía de Castro editou en 1863 Cantares gallegos; espazos que albergaron o compromiso político ou o traballo fabril; lavadoiros comunais, mercados, tamén o éxodo.

Traballo de sinalética exterior composto por dous monólitos de aceiro inoxidable recubertos con vinilo e trece placas de aceiro inoxidable con gravación láser, montadas sobre estruturas de aceiro negro.van divulgación cultural