HUM. Massimo Bartolini

HUM é unha mostra comisariada por Anna Cestelli Guidi. A exposición de Massimo Bartolini réndelle homenaxe ao músico canadense Glenn Gould con dúas instalacións sonoras construídas a partir de dúas das súas pezas: as vocalizacións ou cantarexos [humming] do músico canadense na súa segunda gravación das Variacións Goldberg de Bach e o texto radiofónico The Idea of North, un programa de entrevistas producido por Gould sobre o concepto xeográfico —e filosófico— de norte. A mostra inclúe un novo traballo realizado especificamente para o MARCO: a performance Lettura, que consiste na lectura en voz alta da novela O malogrado, que Thomas Bernhard lle dedicou a Gould tras a súa morte.

Gráfica expositiva composta de convite, folla voandeira e sinalética externa e de salas. marco, museo de arte contemporánea de vigo