Festival Sinsal 9
A promotora Sinsalaudio constitúese no ano 2000. E con ela o Festival Sinsal, co propósito de satisfacer a demanda por aquelas músicas de menor exposición mediática. Desde a súa orixe —tamén como tenda de discos— até a actualidade, Sinsalaudio abarca un amplo espectro de actividades: promoción de eventos culturais, realización de proxectos audiovisuais, representación de artistas, sesións de DJ, conferencias, directos experimentais, elaboración e difusión de artigos musicais ou de arte sonora, desenvolvemento do proxecto didáctico Escola Sinsal, comisariado de exposicións e até unha discográfica, Sosoaudio.
Joanna Newsom, Laetitia Sadier, José González, Fm Einheit (Einsturzende Neubaten) + Massimo Pupillo (Zu), Live Footage, Raime, Rene Hell, Diva Dompé, Miguel Prado, Arrington De Dionyso, Cro!, David M, The Dodos, Abe Vigoda, Cass McCombs, The High Llamas, Michael Pisaro, Roberto Mallo, Murmel Bruxas, 2us, Bflecha, Mweslee, Jane Joyd, Laetitia Velma, Wooden Wand, The Kellies, Buke And Gass, Secret Chiefs 3 Vs Fat 32, The Marzipan Man, Chrome Hoof, Bardo Pond, Ninsennenmondai, Das KapitalO traballo gráfico configúrase cada ano sobre un leit-motiv, que se vai adaptando segundo as pezas de cada evento. Inténtase trasladar unha atmosfera conceptual e alegórica, lonxe da mera representación de artistas. A marca tipográfica muda cada ano, pero o carácter do Festival reside probablemente máis no tratamento e na elección fotográfica. Sobre ela vertébranse as pezas, sobre todo cartaces, folletos e outros materiais divulgativos, con especial fincapé no apoio escénico. sinsalaudio