Festival Sinsal 7
A promotora Sinsalaudio constitúese no ano 2000. E con ela o Festival Sinsal, co propósito de satisfacer a demanda por aquelas músicas de menor exposición mediática. Desde a súa orixe —tamén como tenda de discos— até a actualidade, Sinsalaudio abarca un amplo espectro de actividades: promoción de eventos culturais, realización de proxectos audiovisuais, representación de artistas, sesións de DJ, conferencias, directos experimentais, elaboración e difusión de artigos musicais ou de arte sonora, desenvolvemento do proxecto didáctico Escola Sinsal, comisariado de exposicións e até unha discográfica, Sosoaudio.
Jeremy Jay, Pram, Larsen & Little Annie, Ches Smith, Sir Richard Bishop, Evangelista, Pram, Françoiz Breut, Black Dice, Wavves +indómitos, Konono Nº1, Woods, Ruido y Capitalismo, Keith Rowe&Mattin, Kings Of Convenience+Javiera Mena, Bedroom Community: Sam Amidon, Ben Frost, Nico Muhly, Valgeir Sigurdsson + Guests, Emilio José + Tender Forever, CircleO traballo gráfico configúrase cada ano sobre un leit-motiv, que se vai adaptando segundo as pezas de cada evento. Inténtase trasladar unha atmosfera conceptual e alegórica, lonxe da mera representación de artistas. A marca tipográfica muda cada ano, pero o carácter do Festival reside probablemente máis no tratamento e na elección fotográfica. Sobre ela vertébranse as pezas, sobre todo cartaces, folletos e outros materiais divulgativos, con especial fincapé no apoio escénico. sinsalaudio