Festival Sinsal 11
A promotora Sinsalaudio constitúese no ano 2000. E con ela o Festival Sinsal, co propósito de satisfacer a demanda por aquelas músicas de menor exposición mediática. Desde a súa orixe —tamén como tenda de discos— até a actualidade, Sinsalaudio abarca un amplo espectro de actividades: promoción de eventos culturais, realización de proxectos audiovisuais, representación de artistas, sesións de DJ, conferencias, directos experimentais, elaboración e difusión de artigos musicais ou de arte sonora, desenvolvemento do proxecto didáctico Escola Sinsal, comisariado de exposicións e até unha discográfica, Sosoaudio.
Efterklang, Amatorski, Sam Amidon, Youth Lagoon, Steve Gunn, Anna Calvi festival sinsal san simón. Caxade, Germán Díaz, Gravenhurst, Stealing Sheep, Denis Jones, Le Parody, Baden Baden, Triángulo de Amor BizarroO traballo gráfico configúrase cada ano sobre un leit-motiv, que se vai adaptando segundo as pezas de cada evento. Inténtase trasladar unha atmosfera conceptual e alegórica, lonxe da mera representación de artistas. A marca tipográfica muda cada ano, pero o carácter do Festival reside probablemente máis no tratamento e na elección fotográfica. Sobre ela vertébranse as pezas, sobre todo cartaces, folletos e outros materiais divulgativos, con especial fincapé no apoio escénico. sinsalaudio