Escoitar.org
A partir do taller Paisaxe Sonora de Vigo, o colectivo Escoitar.org continúa o seu traballo na cidade para encontrar aqueles sons que a identifican, e constrúe no Espazo Anexo do MARCO un Audiolab (Hacklab) como lugar de experimentación aberto e público, no que se leven a cabo traballos de investigación, difusión, e toda unha serie de actividades paralelas. Partindo da experiencia sonora como medio de coñecemento, proponse unha reflexión sobre as formas acústicas de sociabilidade repensando o espazo urbano e as relaciones sociais. Nesta ocasión, o núcleo do proxecto consiste en coñecer as paisaxes sonoras de Vigo a través de orellas alleas, como un exercicio de estrañamento no que o eixo fundamental será o traballo con colectivos de inmigrantes.
célula do proxecto: Berio Molina, Carlos Suárez, Chiu Longina, Horacio González, Juan-Gil López, Julio Gómez, Xesús OteroDeseño e maquetación da publicación do proxecto, un libro de formato pequeno de 184 páxinas que incluía un dvd. marco, museo de arte contemporánea de vigo