Dez anos MARCO

O anagrama aglutina varios elementos icónicos: o número 10, feito coas coordenadas gráficas da marca ‘MARCO’. O ‘0’ do dez substitúese polo ‘O’ de ‘MARCO’. Suprímese a parte de abaixo dos números. Así dan a sensación de saíren do chan, co cal pasan a ser á vez números e a recordaren moito a estrutura do vestíbulo, na entrada do panóptico do antigo cárcere reformado en museo, con ese arco central e coas portas laterais.

O anagrama figurou en todas as comunicacións e actividades que xerou o museo ao longo de todo ese ano. marco, museo de arte contemporánea de vigo