Axudas a creadores/as audiovisuais

Subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega. Un programa que aposta pola aparición e promoción de novas estéticas narrativas ou experimentais de decidido contido artístico e cultural, co propósito de contribuír ao desenvolvemento de novas formas de expresión audiovisual.

Gráfica que incluíu anuncios en prensa e revistas especializadas, cartaces e folletos. A composición apoiouse nunha rede de liñas de guión superpostas e entrecruzadas, a modo de palimpsesto. consellería de cultura e deporte, xunta de galicia