A exposición invisible. The Invisible Show

A fascinación cara ao non-visual atopou no campo do son –máis intensamente ca no ámbito do táctil ou do olfactivo– un terreo axeitado para o seu desenvolvemento. Na arte do século xx é frecuente o uso do son ou da voz humana como estratexia de apoio para conceptualizar o espazo. Esta mostra supón un achegamento a esta noción de espazo como lugar físico, unha área en que o artista manipula o son coma se se tratar dun material dúctil. A exposición, coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e polo Centro José Guerrero de Granada, e comisariada por Delfim Sardo, reúne unha selección de pezas de artistas clásicos contemporáneos.

Luigi Russolo, Kurt Schwitters, Raoul Hausmann, Vito Acconci, Joseph Beuys, Louise Bourgeois, James Lee Byars, Janet Cardiff, Martin Creed, Luísa Cunha, Rodney Graham, Juan Hidalgo, Ceal Floyer, Joan Jonas, On Kawara, Antoni Muntadas, Bruce Nauman, Julião Sarmento, Michael Snow, Stephen Vitiello
Deseño e maquetación dun volume de 240 páxinas que contén un dvd cunha selección das pezas sonoras da mostra. O grafismo e a configuración da cuberta trasladan o seu carácter silente. A sobrecuberta, realizada sobre material translúcido, está afondada en negro agás nunha zona circular, que recorda a xeometría da maioría de formatos fonográficos, redundando na idea de inmaterialidade. marco, museo de arte contemporánea de vigo