7 Xornadas de Política económica
Baixo a coordinación de Xosé Carlos Arias desenvolvéronse as Xornadas, que ese ano tiveron lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, recollendo así o testemuño da pasada edición, realizada na Universitat de Barcelona. A dinámica de crecente interdependencia, que nos últimos lustros marcou a evolución de economías e sociedades en todo o mundo, supuxo tamén unha notable axitación do debate político económico. Sobre este eixo desenvolveuse o programa de relatorios.
Identidade corporativa que se traduciu en marca, papelería, folleto-programa e sinalética da sede, mediante monólitos, sinais direccionais para cuartos e relatores. A gráfica apoiábase nunha rede de díxitos que conformaba figuras superpostas.
pxc produción e xestión cultural