Off-Fóra. 29 Bienal de Arte de Pontevedra

O evento ollou cara ao Cono Sur como eixo desta edición, organizada desde o Museo de Pontevedra e que contou co comisariado de Victoria Noorthoom. Coa idea de xerar un diálogo entre Galicia, Arxentina, Chile e Uruguai, a Bienal propuxo na súa vixésima novena edición o lema Off/Fóra: Movementos imaxinarios entre Galicia e o Cono Sur. Asuntos como o sentimento de pertenza, o concepto de identidade e exilio, entre moitos outros, falan dunha preocupación reiterada tanto en Galicia coma nestes países que décadas atrás viviron importantes fluxos migratorios. O equipo curatorial completouse cos asesores Miguel Fernández-Cid, Cecilia Brunson e Gabriel Peluffo.

Eduardo Basualdo, Aili Chen, Marina De Caro, Ana Gallardo, Sebastián Gordón, Roberto Jacoby, Daniel Juglar, Patricio Larrambebere, Esteban Pastorino, Judi Werthein, Pablo Chiuminatto, Nury González, Josefina Guilisasti, Mario Navarro, Bernardo Oyarzún, Xosé Arteaga, Vari Caramés, Din Matamoro, Holga Méndez, Andrés Pinal, Carlos Rial, Diego Santomé, Xesús Vázquez, Luis Camnitzer, Ricardo Lanzarini, Marco Maggi, Mario Sagradini, Martín Sastre, Cecilia Vignolo.
Gráfica global que comprende marca e unha serie de aplicacións como publicidade en medios especializados, folletos, convites e cartaces, sinalética urbana, externa e das diferentes sedes, e unha publicación trilingüe de 412 páxinas. O procedemento gráfico concéntrase na elaboración da imaxe leit-motiv de cuberta, que incide na provisionalidade e en certo carácter espectral, con reminiscencias de éxodo, mudanza ou abandono. deputación de pontevedra