Veraneantes

Exposición colectiva que alude á peza teatral Veraneantes, que Maximo Gorki estreou en 1904, na que a burguesía da Rusia pre-revolucionaria se cuestiona o seu papel ante o novo panorama. Aquí, a relación dos artistas cun territorio —Galicia— fai xurdir cuestións sobre o que significa a pertenenza a un lugar, especialmente nun momento como o actual, no que a movilidade e os fluxos de información reconfiguran constantemente o concepto de identidade. Neste panorama globalizado apréciase unha reflexión constante sobre o seu propio contexto, tamén dende a distancia.

Pablo Fidalgo Lareo, El Conde de Torrefiel, Andrés Duque, Gastón Solnicki, Eloy Enciso, Rui Catalão, Patricia Caballero, Xurxo Chirro, Miguel Boneville, Claudia Dias, Ramiro Ledo, Lagartijas Tiradas al Sol, Nicolás Pereda, Olga Novo, Fon Román, Carlos Álvarez Gil, Carla Andrade, Arrieta/Vázquez, Pablo Barreiro, Misha Bies Golas, Olmo Blanco, Olmo Cuña, Manuel Eirís, David Ferrando Giraut, Pablo Fidalgo Lareo, Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Enrique Lista, Loreto Martínez Troncoso, Joan Morera, Doa Ocampo, montenoso, Gemma Pardo, Lois Patiño, Marta Peleteiro, Kiko Pérez, Miguel Prado, Federico Vladimir Strate Pezdirc, Mar Vicente, Diego Vites
A gráfica apóiase na tradición das vanguardias históricas en Galicia. Folla voandeira, follas de sala, sinalética externa e interna e unha publicación de 32 páginas co programa de actos do ciclo. marco, museo de arte contemporánea de vigo