Tempo ao tempo.Taking time. 5 anos MARCO
Un total de 34 artistas de dezaseis nacionalidades para unha exposición comisionada polo seu director Iñaki Martínez Antelo e pola crítica portuguesa Isabel Carlos, que festexa o primeiro lustro do museo. A selección de obras —varias delas producidas ex profeso— analiza a obsesión actual polo paso do tempo, a memoria e o sentido ou o peso da historia. Seleccionada entre as dez mellores exposicións do ano 2007 en España, segundo o balance que cada ano publica a revista El Cultural.
David Lamelas, Jorge Barbi, Gustavo Romano, Ignasi Aballí, Fernando Bryce, On Kawara, Nedko Solakov, Daniele Puppi, Susan Norrie, Gianni Motti, Euan Mcdonald.Gráfica expositiva que incluíu adaptación do anagrama MARCO á efeméride, sinalética exterior e de salas, convite que comparte a idea de faixa translúcida de cor corporativa coa voluminosa publicación da mostra. Un libro de tapa dura con tea e serigrafada, embuchado nunha caixa que deixa entrever o seu contido e cinta de tea marcapáxinas para un total de 364. marco, museo de arte contemporánea de vigo