Senescencia. Ignacio Pardo

Unha mostra comisariada por Cristina Prego para o CGAC que recolle e escolma a andadura do videocreador Ignacio Pardo, coa noción do efémero como argumento de fondo. Ignacio Pardo (Lugo, 1947) desenvolveu a súa carreira nos anos oitenta, vendo no vídeo un soporte para lanzar dardos contra a ortodoxia moral aceptada, desde unha linguaxe descarnada e escura.

Deseño e maquetación do catálogo da mostra, unha publicación de 184 páxinas en tapa dura e cunha camisa de sobrecuberta con temperaturas que lembran os albores da videocreación, unha linguaxe aínda precaria, prototecnolóxica. cgac, centro galego de arte contemporánea