Realidade. Ciclo de cine ao aire libre
Baixo a escolla na maioría de edicións do crítico Martin Pawley, entre 2003 e 2008 desenvolveuse todos os veráns, encadrados nas festas de Vigo, os ciclos de cine ao aire libre Realidade. O poder, os camiños e as fronteiras, a relación entre imaxes e sons, o relato biográfico… En cada edición, un eixo temático para acceder a títulos non presentes nas carteleiras da cidade durante o resto do ano.
Unha formulación gráfica arredada dos parámetros máis convencionais. Cartaces concibidos para competir —en antagonismo— co resto de ruído de impactos visuais urbanos. Fotografías en branco e negro de factura documental e tipografías sobrias. En cada edición imprimíase unha tiraxe de cartaces de 1000×700 mm, e unha guía de proxeccións en formato de peto e de arredor de vinte e catro páxinas.
pxc produción e xestión cultural