Puntos de encontro / Meeting points

No Espazo anexo do MARCO, durante todo o ano, Pedro Barateiro, Manuel Eirís, Carlos Bunga, Nicolás Combarro e José Dávila traballaron sobre o concepto de cidade contemporánea como espazo heteroxéneo, onde se establecen unha serie de relacións entrecruzadas entre puntos e elementos. Cinco artistas cun interese común cara ao contexto social o arquitectónico. Comisariado de Agar Ledo Arias.

Gráfica expositiva que inclúe marca e unha serie de cinco convites e follas voandeiras lixeiramente distanciadas da liña corporativa do museo, ademais dos apoios sinaléticos habituais. marco, museo de arte contemporánea de vigo