Presenza activa. Acción, obxecto e público

Unha exposición comisariada por Sergio Edelsztein e Kathleen Forde. Acción e instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. Ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixo entre dous polos –o artista e o espectador– ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción.

Maja Bajevic, John Bock, Gary Hill, Thom Kubli, Mads Lynnerup, Alastair MacLennan, Sergio Prego, La Ribot, Carlos Rodríguez-Méndez, SUE-C+AGF
Gráfica expositiva composta de convite, folla voandeira e sinalética externa e de salas. marco, museo de arte contemporánea de vigo