Onde o mundo se chama Terranova

Diario dun observador a bordo

O traballo diario durante unha marea na pesca de bacallau en Terranova para unha exposición integrada por máis de 370 fotografías proxectadas en cinco espazos que recrean outras tantas estancias dos barcos bacallaeiros. Ademais, recóllese material gráfico, notas, descricións e recordos de cinco biólogos que realizaron campañas científicas de investigación a bordo dos ditos buques na década dos 80.

Gráfica expositiva que inclúe convite, sinalética exterior e de salas e un libro de 184 páxinas. En colaboración con Gisela Ahumada. pxc produción e xestión cultural