O Museo de Pontevedra.

Pasado, presente e futuro

A mostra, cando se fan oitenta anos desde a súa fundación, fai un percorrido pola historia da institución. Esta exposición resume a traxectoria do Museo de Pontevedra desde o seu nacemento até a actualidade, nucleada esta pola presenza impactante da nova sede.

Gráfica expositiva que comprende identidade corporativa e aplicacións en papelería, folletos e sinalética urbana e de salas. Unha solución gráfica que enfía os tres tempos da institución nun continuum e lembra as tipografías de aceiro forxado de uso arquitectónico. museo de pontevedra