Música en branco. Memoria dunha cidade

Unha exposición reúne as cancións favoritas dos vigueses. A partir dese pequeno gran tesouro que se oculta nos recordos, o Museo Verbum e o Festival Sinsal decidiron escribir durante o 2010, Ano internacional da música, a memoria musical de Vigo. Trátase dun traballo de campo, de investigación, onde cada persoa ademais de achegar o seu recordo persoal sobre unha melodía participe nunha homenaxe colectiva a eses sons encadeados. Xuntáronse medio milleiro de respostas. Aproximadamente a metade escoitábanse, referenciadas, en seis grandes altofalantes incrustados en peañas, como artefactos artísticos. Os asistentes complementarían ese mapa emocional.

Gráfica expositiva consistente en cartaz, flyer e sinalética das estruturas que albergan os altofalantes. sinsalaudio