L’art de la teranyina. A arte da ardora

Unha mostra de Carles Bros. Nas súas palabras: «ir a l´encesa é pescar de noite con lume a bordo, de aí o seu nome. A teranyina, a pesca de cerco, está fortemente arraigada no país catalán e forma parte das historias dos nosos antepasados e, sobre todo, da cultura mediterránea». A exposición está constituída por unha serie de pinturas onde predominan as cores do barco, as da roupa de auga dos mariñeiros, a amarela e a laranxa, a negra da noite e a branca das luces do barco.

Gráfica expositiva que comprende convite, monólito, lonas e paneis nas salas de exposición. Un xogo que simplifica até a abstracción os relampos e espellismos da pesca nocturna. pxc produción e xestión cultural