La construcción del espectador

Unha lectura da colección de Arte Contemporánea da Fundació “la Caixa”. A través dun percorrido polas tendencias artísticas dos últimos trinta anos, A construción do espectador concíbese coa intención de que, en palabras do seu comisario Manuel Segade «o espectador deixe de preguntarse que significa o que ve. A arte contemporánea no existe sen a figura do espectador». Seleccionáronse dezaseis esculturas, fotografías, pinturas, instalacións e vídeos de artistas xa clásicos dentro do panorama actual pertencentes aos fondos da colección da Fundació “la Caixa”, para interactuar así co público e revisar a súa relación coa arte contemporánea.

Txomin Badiola, Helmut Dorner, Pepe Espaliú, Günther Förg, Andreas Gursky, Juan Muñoz, Bruce Naumann, Hiroshi Sugimoto, Jan Vercruysse, Bill Viola, Rachel Whiteread
Deseño e maquetación dunha publicación de 204 páxinas con textos do propio Segade, Michael Fried, Jean-Christophe Royoux, Juan Muñoz e cunha intervención fotográfica de Vari Caramés. O grafismo recollía a influencia do deseño de retículas suízo, en consonancia coas obras presentes, que circulaban arredor do pos-minimal. A cuberta é unha abstracción a partir dos famosos chans das intervencións de Juan Muñoz. fundación luis seoane