Juan Araujo. A través
O pintor venezolano Juan Araujo presenta cincuenta óleos dos que máis da metade se centran no propio edificio do CGAC, deseñado por Álvaro Siza. Canda a esta serie amósanse pezas pertencentes a outras que na súa meirande parte xiran arredor das casas Bo Bardi, Canoas e Caoma, tres dos edificios modernistas máis emblemáticos de Venezuela. O daquela director do CGAC, Manuel Olveira, fálanos de Araujo como dun artista que «produce imaxes que teñen como temas outras imaxes». Mostra comisariada por Adriano Pedrosa.
Catálogo da mostra de 206 páxinas, tapa dura serigrafada. Os bordos arredondados e a cinta trasladan a idea, moi presente na metodoloxía do pintor, de caderno portátil, de apuntamentos.
cgac, centro galego de arte contemporánea