Jorge Barbi
Comisariada por Juan de Nieves, a exposición reúne de maneira antolóxica o traballo de varias décadas de Jorge Barbi. Incide na idea do percorrido, do paseo, e da observación cotiá da natureza e das súas mutacións. O relato articúlase mediante o extenso arquivo que o artista foi construíndo ao longo do tempo, amais de series de fotografías realizadas nos últimos anos, unha coidada selección de pezas anteriores e de novas producións específicas para esta súa primeira gran mostra.
Gráfica expositiva que comprende convite, folla voandeira, sinalética externa e de salas e un documentado libro de tapa dura de máis de trescentas páxinas maquetado baixo a idea e dirección do propio artista.
marco, museo de arte contemporánea de vigo