Imaxinasons 8. Festival de Jazz de Vigo
Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.
Orquestra Voland, Carles Santos + Cabo San Roque, Dhafer Youssef, Joachim Kühn/Majid Bekkas/Ramón López Trio, Daniel Levin, Suelen Estar Quartet, Germán Díaz, Pablo Martín Quintet, Iago Fernández, Rodrigo Amado Motion Trio + Paul Dunmall, Luisa Sobral, Escola A Tempo de Pontevedra, Escola Municipal de Música da Coruña, Alberto Vilas Quintet, Paco Charlín Jazz Frequenzy Group, A Magnifique Band dos Homes Sen Medo.Gráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural