Imaxinasons 5. Festival de Jazz de Vigo
Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.
Charles Lloyd Quartet, Vienna Art Orchestra, Anouar Brahem, Agustí Fernandez, Rita Marcotulli, Fred Frith&Lucía Recio, Abe Rabade, Miroslav Vitous, Marc Ducret , O.M.E.G.A. Orquestra de Música Espontánea De Galicia dirixida por Fred Frith, Pepe Evangelista, Josetxo Goia-Aribe, Andreas Willers , C.M.S. Colina-Miralta-Sambeat, Santiago de la Muela Jazz Orchestra, Omar Sosa, Lucas Niggli, Jacobo De Miguel&Tom Risco, Carlos López, Napoleon Murphy Brock-Low Budget Research Kitchen.Gráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural