Imaxinasons 10. Festival de Jazz de Vigo
Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.
Marco Mezquida Trio, Gilad Hekselman Trio, Alberto Conde – Shakir Khan Human Evolution Music Project, Pierre Bastien, Xavi Lozano, Bruitage, Hugo Carvalhais Nebulosa Trio, Sumrrá + convidados, Michael Wollny, Quincy Jones presenta: Alfredo Rodríguez Trío, Lucía Martínez Berliner Projekt AzulCielo, Riverside Quartet, Wilfried Wilde Trío, Felipe Villar Trío, A Lapa Trío, David Regueiro Trío, Ton Risco Trío + Pablo CastañoGráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural