Imaxinasons 1. Festival de Jazz de Vigo
Free jazz, libre improvisación, folclore, electrónica, contemporánea. Un certame arredor da noción de jazz europeo. Desde o pasarrúas até a sofisticación dos clubs cerrados pasando polos Conservatorios, o Concello de Vigo programa cada ano desde o 2005, cando empeza o verán, varias semanas de jazz.
Chema Saiz & Santiago de la Muela Dúo, Rao Trío, Dr. Macarroni, Miroslav Vitous Quartet, Fernando Llorca e convidados, Cuarteto de la Casa Manteca, Abe Rábade Ghu! Project, Roberto Somoza Trío, Seminario Permanente de Pontevedra, Daniel Humair, Iñaki Salvador, Ramón López, Egberto Gismonti, Fanjazz, Krokodrillos, Nils Wogran, Agustí Fernández Quartet, John Pinone, Gianluigi Trovesi Octet, Alberto Conde Trío, Carlos Barreto Trío y François Corneloup, Vicent Courtois, Carlos Barreto, Monalisa, Spirits Jazz Band, Baldo Martínez Gran Ensemble & Valentín Clastrier, Quintás-Charlín-Ángel Rey Trío, Sumrra, Joachim Kühn, Ramón Cardo Big Band, Terela Gradin Cuarteto, Trío (Stanley Clarke, Bela Fleck, Jean Luc Ponty).Gráfica global que, partindo dunha gama de cores empregada na primeira edición e dunha elección tipográfica determinada, ambas as dúas ancoradas no que sería a tradición gráfica do jazz, comprende desde a marca, que muda —nunca de todo, máis ben evoluciona— cada ano, até todo tipo de aplicacións divulgativas como cartaces, folletos, pezas de vestir, chapas, lonas, mupis, publicidade en revistas especializadas. pxc produción e xestión cultural