Festival Sinsal 12
A promotora Sinsalaudio constitúese no ano 2000. E con ela o Festival Sinsal, co propósito de satisfacer a demanda por aquelas músicas de menor exposición mediática. Desde a súa orixe —tamén como tenda de discos— até a actualidade, Sinsalaudio abarca un amplo espectro de actividades: promoción de eventos culturais, realización de proxectos audiovisuais, representación de artistas, sesións de DJ, conferencias, directos experimentais, elaboración e difusión de artigos musicais ou de arte sonora, desenvolvemento do proxecto didáctico Escola Sinsal, comisariado de exposicións e até unha discográfica, Sosoaudio.
Dorian Wood, Ovo festival sinsal san simón. Throwing Shade, Frikstailers, Oso Leone, Xenia Rubinos, Jagwa Music, Chelsea Wolfe, Bel Bee Bee, Mdou Moctar, Blam de Lam, Wire, Jambinai, Ginger and the Ghost, Jacco GardnerO traballo gráfico configúrase cada ano sobre un leit-motiv, que se vai adaptando segundo as pezas de cada evento. Inténtase trasladar unha atmosfera conceptual e alegórica, lonxe da mera representación de artistas. A marca tipográfica muda cada ano, pero o carácter do Festival reside probablemente máis no tratamento e na elección fotográfica. Sobre ela vertébranse as pezas, sobre todo cartaces, folletos e outros materiais divulgativos, con especial fincapé no apoio escénico. sinsalaudio