Feira.

Mercado de produtos tradicionais galegos

Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA. Máis de trinta expositores con postos diferenciados, un mercado ao aire libre de carácter mensual de produtos tradicionais e ecolóxicos galegos. Ademais, realízanse actividades vinculadas á gastronomía e á artesanía como talleres e conferencias.

O traballo gráfico empeza pola creación dunha marca pensada sobre todo para a súa localización nos postos, deseñados por arquitectos. Todo coa intención conxunta de rememorar a tradición do comercio de rúa achegándolle simpleza de liñas e concisión. Cartaces, flyers, sinalética de punto de venda e direccional. van divulgación cultural