ruído de fondo. Este é un ciclo abandeirado pola produtora Sinsal que aposta por explorar as novas formas de expresión artística na música contemporánea. Emeralds, No Age, Doravideo, Kokusyoku Sumire, até un total de seis citas, xunto a un programa paralelo de actividades que buscará a participación do público e a apertura de espazos de creación e de intercambio de experiencias entre estes e os artistas que participen no ciclo.
diarios sonoros. Coñecer o artista máis alá da súa obra a través dun formato único: o retrato. Retratos musicais do século xx, vertebrados en oito sesións que xiran arredor dun artista e dunha temática. Patrick Molard, Pablo Guiráldez ‘O Pastor’, Michael Gicometti, José Luís Carles e Cristina Palmese, Paulo Lima, José Moças, Pedro Maestro.
atardeceres no gaiás. Actuacións, entre a poesía, o teatro e a música, para cando cae o sol. En plena praza da Cidade da Cultura, especialmente acondicionada polo estudio de arquitectura Nómada como zona de chill-out.
Traballo gráfico moi pautado por unha presenza corporativa contundente. Tratouse en exclusiva de xerar tres fondos diferentes, entre o artefacto e a ilustración. Lonas, cartaces, folletos e flyers divulgativos de cada actividade dos ciclos.
cidade da cultura de galicia