Europan 9
Forum Europeo dos Resultados, Santiago de Compostela, 30-31 de maio de 2008. Europan é unha federación europea de organizacións nacionais que rexen concursos de arquitectura e as realizacións que se deriven dos fallos dos xurados. Os concursos son lanzados simultaneamente polos países organizadores arredor dun tema, dun calendario e duns obxectivos comúns. Un evento itinerante que nesta edición se celebraría en Santiago. Con ocasión do Forum realízanse visitas arquitectónicas, debates sobre os proxectos premiados nesta convocatoria ou sobre proxectos derivados de edicións anteriores que están relacionados co espazo público, e xéranse grupos de traballo.
Arduo traballo gráfico que culminou en identidade corporativa, merchandising, profusa sinalética das diferentes sedes coas dúas salas, relatores e grupos de traballo e unha publicación en catro idiomas, en realidade un pack de cartón gris pechado cunha faixa corporativa que gardaba o catálogo e un caderno de notas para os asistentes. A grafía convertía o ‘E’ de Europan nunha posible edificación.
xunta de galicia