Entre fronteiras. Between borders
Unha mostra colectiva comisariada por Carolina Grau que fala do xeito en que as fronteiras definen, cuestionan e documentan o noso mundo contemporáneo. Durante os últimos vinte e cinto anos asistimos a numerosas transformacións sociopolíticas, culturais e económicas; cambios na maneira de comunicármonos e na nosa capacidade de viaxar. Moitas veces, as decisións relativas a onde e como vivimos e traballamos teñen algo que ver co feito de atravesarmos fronteiras.
Albert Heta, Alejandra Riera & Fulvia Carnevale, Anri Sala, Bojan Sarcevic, Chantal Akerman, Costa Vece, Ergin Çavusoglu, Guzmán de Yarza Blache, Jun Yang, Maja Bajevic, Marine Hugonnier, Muratbek Djumaliev & Gulnara Kasmalieva, Pierre Bismuth, Santiago Sierra, Sejla Kameric, Zineb SediraGráfica expositiva que comprende convite, sinalética exterior e de salas e unha publicación trilingüe de 258 páxinas. A cuberta, sobre unha cartolina con lapelas de gran gramaxe, albergaba un golpe de relevo en seco para o título da mostra, unha simbólica alusión aos cuños das autoridades aduaneiras. marco, museo de arte contemporánea de vigo