O medio é o museo

Un proxecto comisariado por Pablo Fanego e Pedro de Llano para o MARCO en colaboración con Koldo Mitxelena Kulturunea de San Sebastián. Composto por diferentes tipos de traballos que abordan o museo ou a institución como soporte e referente da obra de arte, toma como punto de partida os cambios nas funcións do museo, desde o rol de simple contedor ou exhibidor de obras ata a posibilidade de ser lugar de acción e experiencia, un medio en relación directa co espazo e co contexto en que a obra ten lugar.

Lara Almarcegui, Monica Bonvicini, Arabella Campbell, Maria Eichhorn, Annika Eriksson, Ceal Floyer, Andrea Fraser, Luca Frei, Mario García Torres, Felix Gonzalez-Torres, Jeppe Hein, Louise Lawler, Maider López, Loreto Martínez Troncoso, Roman Ondák, Sergio Prego, Karin Sander, Tino Sehgal, Sancho Silva, Thomas Struth
Gráfica expositiva que comprende invitación, sinalética externa e de salas e unha publicación posterior á mostra que recolleu o acontecido nela. marco, museo de arte contemporánea de vigo