Desiderio Pernas. Do detalle á cidade: 1960/70
Unha mostra comisariada por Perfecto Cendón e Andrés Touceda para escolmar a traxectoria de Desiderio Pernas, un dos arquitectos vigueses máis recoñecidos internacionalmente, responsable da introdución da nova linguaxe do Estilo Internacional e do Racionalismo en Vigo. A súa contribución máis salientable foi a configuración urbanística e o desenvolvemento arquitectónico do Polígono de Coia.
Traballo gráfico que comprende marca, cartaces e folletos, deseño expositivo de máis de vinte paneis e unha publicación que recolle textos, planos e documentación fotográfica da súa obra.
pxc produción e xestión cultural