Cidade do Mar
Proxecto científico-tecnolóxico pensado para ocupar as instalacións da antiga Escola de Transmisións da Armada e convertelas nun centro de vangarda mundial en investigación mariña. O proxecto materializaríase nunha rede de sete centros de referencia que encabezarían o Centro Atlántico de Investigacións Mariñas e a Unidade de Tecnoloxía Mariña, como base operativa da frota oceanográfica española e quizais da europea que opere no Atlántico. Ademais contaría con centros de posgrao e divulgación, de xestión de tecnoloxía e innovación empresarial e de socioeconomía pesqueira, así como cunha unidade técnica de innovación na xestión dos recursos e acuicultura e cun laboratorio comunitario de referencia de biotoxinas mariñas.
Presentación do proxecto que implicou o establecemento de identidade corporativa e aplicacións en forma de cadernos e memorias explicativas, que se traduciron na presentación audiovisual, lonas e sinalética na Fundación Barrié de Vigo.
pxc produción e xestión cultural